O pasado sábado celebrouse a Cea Anual do Club Natación Arteixo, con un gran éxito de asistencia. Xuntámonos100 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañounos neste importante evento o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que no seu discurso destacou a proximidade da inauguración e apertura da nova Piscina de Arteixo, que tivemos ocasión de visitar o sábado pola mañá na súa compañía.
Esta cea foi moi especial, xa que durante este ano 2015 celebramos o 10º aniversario do nacemento do Club Natación Arteixo como club independente (anteriormente formaba parte do Atlético Arteixo). O Presidente, Nacho Folgueira falou ao principio da reunión da gran evolución do club nestes anos, da cantidade de logros obtidos e, por suposto, do que queda por chegar.
Ó remate da comida tivemos ocasión de ver un precioso vídeo, realizado polos técnicos do Concello, onde resúmese toda a actividade destes 10 anos. Pronto poñeremos esta reportaxe á vosa disposición nesta mesma páxina web.
E coma tódolos anos, houbo un sorteo de regalos para deportistas e adultos, coa súa emoción que sempre lle acompaña.
Ademais repartíronse os diplomas e premios aos mellores deportistas da tempada 2013/2014 e ao gañador do concurso da postal de Nadal:
Os premiados foron os seguintes:
Concurso Postal de Nadal, Alejandro Canedo Bello
Mellor Nadador Promesa, Miguel Ángel Gómez Mesías
Mellor Nadadora Promesa, Lorena Martínez Arca
Mellor Nadador, Francisco Sanjorge Nodar
Mellor Nadadora, Virginia Naya Mato
Mellor Nadador Máster, Carmelo Sanjorge PedreiraAdemais, están pendentes de recibir o seu premio, os nadadores/as que asistiron durante a tempada pasada a Campionatos de España: Alba Gómez, Noelia Gómez, Francisco Sanjorge, Omar Andrade e Virginia Naya.
¡¡Grazas pola vosa asistencia, e ata a vindeira edición!!