Hoxe pola tarde comeza o Campionato de España de Comunidades Autónomas. Este evento celébrase en Las Palmas de Gran Canaria, na Piscina de 50 metros do Club Natación Metropole.
Galicia asiste cunha selección con boas expectativas, e entre os convocados están dúas nadadoras do Club Natación Arteixo. Paula Otero Fernández, de categoría Junior que nadadará 100, 200 bolboreta, 200 e 400 estilos; Antía Gómez Taibo, que participará en 100, 200 costas, 50 e 100 libre. Estas probas poden sufrir variacións, xa que a normativa permite facer cambios.
A competición consta de catro sesións, dende a tarde de hoxe venres ata a mañán do domingo. Desexámoslle sorte e ánimo a estas dúas xóvenes deportistas, que viaxan moi ilusionadas e motivadas para intentar deixar a Galicia en gran lugar nesta importante competición por seleccións.
Por outra banda, a nadadora de categoría Alevín Eva Sánchez Bello, está convocada para formar parte da selección galega para o Campionato de España de CCAA da súa categoría que se celebrará a finais deste mes en Oviedo.
Noraboa Eva!!