Catro medallistas en Sevilla

Esta fin de semana participamos no Campionato de España de Augas Abertas e foi un gran éxito deportivo para o noso club. A proba celebrouse no Río Guadalquivir, a unha temperatura da auga de 21,4º e un día moi soleado. O Club Natación Arteixo contaba coa presencia de tres nadadores de categorías senior e junior e dous de categoría máster. Voltamos con un total de catro medallas e moi bo nivel competitivo.

Empezamos pola nadadora máis moza do equipo, Paula Rodríguez, de categoría Junior-1, Paula estreábase competindo a este nivel e nunha moi boa carreira acadou o 11º posto na proba de 7,5 K.

Paula Otero e Mateo García participaron na distancia olímpica, en 10K. Paula, de categoría senior, foi bronce nunha espectacular e reñida chegada, loitando coas dúas españolas máis destacadas nesta distancia o segundo e terceiro postos, levándose o 3º a tan só unha brazada da segunda clasificada. Mateo García, foi Campión de España en categoría Junior-2, posto que xunto coas marcas acadadas en piscina nas probas de 400 e de 5000 metros, fai que este nadador cumpra os criterios para participar no Campionato de Europa desta modalidade que se celebrerá do 11 ó 14 de xullo en Viena, Austria.

Iván Rubio e Marcos del Río, ambos de categoría Máster, nadaron o sábado a distancia de 3K con moi bos resultados, xa que foron medalla de ouro nas súas respectivas categorías.

Moi bos estes resultados para o CNA, próxima cita importante desta modalidade, o Campionato Galego de Augas Abertas que se celebrará o videiro 26 de maio en As Pontes.

Noraboa a tod@s!!

Resultados