Catro medallistas en As Pontes

Onte celebrouse no Lago de As Pontes o Campionato Galego de Augas Abertas. Amaneceu o día nubrado e coa auga a 16º, pero foi mellorando ó longo da mañán, disfrutando en xeral dun bo día de competición ó aire libre. Participamos con un total de 11 deportistas de diversas categorías, que obtiveron moi bos resultados e boas sensacións nesta proba, que tamén foi a primeira etapa do Circuíto Galego de Augas Abertas. Acadamos un destacado 2º posto feminino e 4º conxunto na proba de 5ooo metros e un 15º posto Máster.

A primeira saída foi a proba da categoría Máster, con un percorrido de 2500 metros, na que tivemos dous representantes, Rafa Muñiz, que acadou o 11º post, e Raquel Durán, que foi medalla de prata.

En segundo lugar realizouse a proba de 5000 metros, na que compartiron carreira os deportistas de categorías infantil, junior e senior masculina e feminina. Aquí tivemos unha amplia representación e un total de 3 medallas. As clasificacións foron as seguintes: na categoría Infantil Carla Rodríguez acadou o 6º posto. Na categoría Junior-1, Paula Rodríguez foi medalla de prata, Claudia Suárez 4ª, Catalina Insua 6ª, e Ricardo Díaz 8º. Na categoría Senior obtivemos dúas medallas de prata e bronce de Ana Veiga e Alba Gómez, e un 4º posto de Nerea Alvite.

Foi unha nova ocasión para competir, disfrutando da natación en outro escenario, xusto antes de iniciar a recta final das competicións en piscina desta tempada 23-24.

Resultados