O noso nadador máis veterán asistiu esta fin de semana ó Campionato de España de Natación Máster, onde participaron nada máis e nada menos que 1252 deportistas desta categoría. Foi en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur, en 25 metros, empezou o xoves e rematou onte domingo. Ramón tivo as súas catro probas moi ben repartidas, xa que nadou unha en cada xornada do campionato.
Acadou moi bos resultados individuais, xa que voltou para casa con catro metais, dous ouros en 50 e 100 libre, e dúas pratas en 50 e 100 costas, todas en categoría +85. O espírito deportivo e competitivo deste nadador é todo un exemplo para todos os compoñentes do Club Natación Arteixo, adestra regularmente durante a semana, proponse obxectivos que persigue con insistencia e non se rinde ante as adversidades. As súas palabras ó finalizar o campionato foron… «agora a polo Galego de Fondo». Podedes consultar os resultados completos no enlace.
Noraboa Ramón!!