Á espera do calendario definitivo da tempada completa, publicamos o calendario do mes de novembro da FEGAN, no que aparecen xa as ligas dos equipos benxamín e alevín:
Calendario 2018-19
Acabamos de publicar o calendario de Natación para esta tempada, coas sedes que se coñecen ata agora. Pode haber algún cambio nas sedes alevíns nas xornadas que podan ser máis longas, e quedan algunhas sedes vacantes. Calquera cambio que se produza trataremos de publicalo nesta web.
Normativas FEGAN
Están publicadas as normativas de Natación na páxina web da Fegan, asimesmo está o calendario, pero recordade que este só é aproximado xa que faltan as datas seguras das competicións locais (ligas benxamín, alevín e infantil).
Na nosa páxina web temos publicadas as normativas e o calendario correspondentes ó equipo máster.
Calendario
Calendario de Natación actualizado. hai un cambio no mes de marzo nas datas da Liga de Clubs e do Circuíto ADAN.
Calendarios e Normativas Máster
Está publicado nesta web o calendario de Deportistas desta nova tempada, faltan as sedes das competicións locais, xa que aínda non están asignadas. Tamén están publicadas as normativas e o calendario para a categoría Máster.
Resultados, Convocatorias e Calendario
Están publicados os resultados do Festival de Estilos Máster celebrado o 12 de marzo en Pontevedra. Asimesmo, os da Liga Benxamín celebrada este pasado sábado en Riazor onde os nosos pequenos/as acadaron os postos 2º (emocionante a tope), 8º e 9º nas remudas de 8×50 libre mixtas.
Tamén está publicada a convocatoria da 3ª xornada da Copa Galega de Clubs. Nesta ocasión viaxamos a Ourense para nadar: 4×50 libre, 800 e 200 libre, 200 braza, 50 costas, 50 bolboreta, 400 estilos e 4×100 estilos. Haberá autobús e saimos pola mañá, ás 11:15 dende a Piscina de Arteixo.
E finalmente, está anovado o calendario, onde aparece a data definitiva do Encontro de Natación organizado polo noso club e a data da Travesía de Suevos.
Calendario
Está anovado o Calendario da web, coa incorporación das datas de celebración do XVIII Encontro de Natación Concello de Arteixo e a XI Travesía de Suevos.
Convocatorias e Calendario
Esta fin de semana competirán para estrear o 2017 dous equipos do Club natación Arteixo. O equipo alevín na 3ª xornada de liga e o equipo máster no Campionato Galego de Inverno.
A xornada alevín será na Piscina de San Amaro nadando as seguintes probas: 50, 200 bolboreta, 100 costas, 800 libre feminino, 400 estilos e 200 libre masculino. As remudas serán de 4×100 libre feminino e 4×100 estilos masculino.
O Campionato Galego Máster celébrase na piscina de Rías do Sur, en Pontevedra. 6 nadadores e 4 nadadoras serán os representantes do CNA.
Está anovado o Calendario da tempada, coa inclusión das dúas xornadas do circuíto ADAN.
Calendarios
Está publicado o calendario de natación con algún cambio nas sedes das vindeiras competicións na nosa zona, debido ó peche temporal da Piscina de Riazor.
Tamén está á vosa disposición o calendario para a categoría máster, con tódalas sedes da tempada.
Calendario actualizado
Acabamos de actualizar o Calendario de Natación con cambios nas datas do Trofeo de Lugo e do Campionato Galego de verán. Tamén está engadida a sede do Campionato de España de categoría Infantil.