A derradeira semana deste mes de xuño comeza a décima edición do Campus de Verán «Xoga coa Auga». Temos o prazo de inscrición aberto, con 100 prazas ofertadas.
As datas de celebración serán do 22 de xuño ata o 3 de xullo. A natación será a actividade principal deste campus, pero constará doutras actividades dirixidas a nenos e nenas de 6 a 17 anos. Entre estas actividades estarán os xogos deportivos, sendeirismo, rutas a cabalo, actividades na Praia, manualidades, e un remate final no parque acuático de Cerceda. O transporte deste campus é gratuito, con varias rutas de autobús que percorren o concello.
Pódese formalizar a inscrición na oficina de deportes do concello ou nas oficinas do Club Natación Arteixo situadas na Piscina Municipal. As prazas son limitadas e respetarase a orden de inscrición. Para máis información os contactos do CNA son: por teléfono, 652542548, e a través de correo electrónico, info@natacionarteixo.com