2º Posto en Narón

O Club Natación Arteixo participou o sábado no XXIX Trofeo Cidade de Narón con un total de 18 deportistas que conseguiron un total de 22 medallas e o 2º posto por clubs para o CNA. Dende esta web agradecemos ó equipo anfitrión o éxito de organización e a súa invitación.

Foi unha moi boa tarde competitiva, con moitas MMP e moi bo ambiente de equipo. O Trofeo celebrouse o sábado 17 en sesión de tarde, e o calendario era moi completo, 50, 100 e 200 de todos os estilos e 100 e 200 estilos.

Os nosos nadadores/as competiron con ilusión, acadando boas marcas. Os laureados foron un total de 11 deportistas, que acadaron 21 metais en probas individuais (8 ouros, 6 pratas e 7 bronces), e un bronce na remuda de 4×50 libre mixta.

A puntuación do conxunto do noso equipo foi de 2º clasificado.

Noraboa a tod@s!!

Resultados