Campionato Universitario de Natación

Mañá mércores celébrase en Santiago de Compostela o Campionato Galego Universitario de Natación. O Club Natación Arteixo terá 3 representantes, que nadarán 2 probas:

Martín Cedeira, 50 e 100 libre; Miriam Crespo, 50 e 100 libre; e Tamara Folgueira, 50 e 100 costas.

A competición terá lugar na Piscina Universitaria en sesión de mañá, de 10:00 a 13:30.

Estaremos atentos ós resultados dos nosos “universitarios” que nos fan sentir tan orgullosos.