Campionato Open. Resultados

Rematado o Campionato de España Open de Primavera, a valoración para o Club Natación Arteixo é moi satisfactoria, das seis probas nadadas por Alba, Noelia e Virginia acadaron tres mellores marcas e unha final.

Virginia Naya participou nas probas de 50 e 100 libres, acadando a súa mellor marca nesta última proba cun tempo de 1.00.95.

Noelia Gómez disputou un total de tres probas, acadando a súa mellor marca en 50 braza, 35.36, e un moi meritorio resultado na proba de 200 braza, a tan só un posto de ser finalista nadando enferma.

E a máis nova da expedición, Alba Gómez, que debutou nun Open cunha proba, o 200 braza, batíu a súa mellor marca, 2.42.65, marca que a lanzou á final B.

Importante participación do noso club nun máis que emocionante evento deportivo, no que a élite da natación española xogábase o seu pasaporte para os XXOO de Río, neste sentido temos salientar a mínima na proba de 400 estilos da ribeirense María Vilas.

Noraboa para Virginia, Noelia e Alba!