Campionato Máster de Fondo

Este domingo día 8 de marzo unha parte do noso Equipo Máster participou no Campìonato Galego de fondo na Piscina de Santa Isabel de Santiago. Participaron cinco deportistas que obtiveron un total de dúas medallas de bronce.

Javier Mella e Rubén Villamor nadaron a proba de 1500 libre na sesión de mañán, fixeron boas marcas e acadaron Rubén o 4º posto e Javi o 6º das súas categorías.

Na sesión de tarde nadouse a proba de 800 metros. Participaron tres compoñentes do Arteixo. Roberto Andrade, que quedou en 5º posto; e María Oliveira e Mª Jesús Méndez, estas dúas nadadoras foron medalla de bronce.

Noraboa polos resultados!!

Resultados