Rematou o Campionato Galego Infantil con bos resultados para o Club Natación Arteixo. O ambiente competitivo foi moi estimulante, dende esta web, e antes falar dos nosos resultados, queremos darlle a noraboa e as gracias á FEGAN e o CN Galaico por facer posible este evento, que se celebrara coa seguridade que tod@s necesitamos neste momento, significa que o deporte de competición segue a ser posible, e transmite esperanza para o futuro. Despois dunha complicada tempada, por fin estes xóvenes do Arteixo foron quen de demostrar do que son capaces competindo nos campionatos importantes. Demostraron que as futuras xeracións poden recoller o testigo de tantos grandes equipos anteriores.
Club Natación Arteixo, 7º clasificado na conxunta, cun 10º posto na feminina, 5º na masculina… e moito máis que contar:
O campionato constou de dúas xornadas, sábado e domingo, en sesión de mañán e tarde. Unha axenda bastante apretada, tempo para competir en probas individuais e remudas. O nivel deportivo foi moi bo, case todas as probas convertidas en MMP (mellor marca persoal). Destacamos, coma sempre, a labor das remudas que foi moi interesante, rematando o campionato co seu mellor posto. En 4×200 libre que se celebrou o sábado acadamos o 6º posto masculino e o 9º feminino; no 4×100 libre, o domingo pola mañán fomos 5º masculino e 7º feminino; e o relevo máis emocionante, o que clausura todos os campionatos, foi o de 4×100 estilos, no que ambos equipos acadaron o 5º posto.
Acadaron un total de 8 medallas en probas individuais de Eva Sánchez e Mateo García, 1 ouro, 2 prata e 5 bronces.
Carmela, Claudia, Eva, Irene, Lola Nerea, Nuria, Adrián, Alex, Héctor, Izan, Manuel, Mateo, Pablo Lema, Pablo Pose e Roi
CNArteixo Noraboa!!