Hai moito tempo que non podemos vivir un momento como o que mostra a foto que acompaña esta nova… pero o noso espíritu competitivo segue a ser o mesmo, dalo todo polo club e polos compañeiros e compañeiras nas ocasións importantes. Esta fin de semana celébrase en Ourense o Campionato Galego Junior e Absoluto, e o Club Natación Arteixo ten de novo a oportunidade de competir como sabe.
O Campionato celébrase en Ourense dende o venres ata o domingo. Competirán en dous turnos, os nenos venres e sábado pola mañán, e as nenas o sábado pola tarde e o domingo. Esta organización ten que ver cos aforos reducidos consecuencia da situación que vivimos.
Participamos nun total de 37 probas individuais, 17 femininas e 20 masculinas, e en tódalas remudas. Será unha fin de semana intensa na que poderemos estar atentos/as ós resultados na web enlazada a continuación.
Ánimo e sorte a tod@s!!