Rematou o Campionato Galego de categorías Infantil e Junior de Inverno, que se celebrou na ourensana piscina de Rosario Dueñas. O Club Natación Arteixo acadou os postos 10º Junior e 11º Infantil nas clasificacións conxuntas cunha participación de 9 nadadores e 5 nadadoras.
Comezamos este sempre difícil resumo do vivido nun extenso Campionato Galego polas clasificacións por equipos: Para os Infantís, 8º masculino, 16º feminino e 11º conxunto. Para os Junior, 9º masculino, 12º feminino e 10º conxunto.
En remudas, participábamos só con dous equipos, o Infantil masculino e o Junior feminino, que defenderon con moi boas marcas e mellor espíritu competitivos os seguintes postos:
Equipo Masculino Infantil: 9º en 4×200 libre, 8º en 4×100 libre, 8º en 4×100 estilos.
Equipo Feminino Junior: 11º en 4×100 libre, 11º en 4×100 estilos.
En canto ó traballo individual, acadáronse moitas mellores marcas persoais. Un medalleiro cun total de 6 metais, 2 ouros e 1 prata para Omar Andrade, e 1 ouro e 2 bronces para Alba Gómez. Esta nadadora ademais acadou 2 mínimas que se suman ás 4 que xa posuía para asistir ó Campionato de España de Inverno, nas probas de 100 e 200 braza.
¡¡Noraboa a este equipo pola súa participación e os seus éxitos!!