Campionato Galego. Resultados

Onte rematou o Campionato Galego de Inverno en piscina de 25 metros de categorías junior e absoluto, con un gran éxito deportivo para todo o grupo de 23 deportistas que defenderon as cores do Club Natación Arteixo, e que deixan como resumen moitas MMP, 29 medallas (3 ouros, 8 pratas e 18 bronces), un Récord de Campionato e MMG de 18 anos de Mateo García, e un destacable 4º posto na clasificación conxunta en ambas categorías.

Foi en Lugo, na Piscina de Frigsa, dende o xoves ata o sábado, en sesións moi largas e intensas de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde. Celebrábanse dous campionatos no mesmo evento, o Campionato Junior, con Irene, Eva, Claudia Suárez, Claudia Carballido, Nerea, Nuria, Paula, Catalina, Alejandro, Manuel, Aarón, Ricardo, Diego como protagonistas. Xuntos acadaron o 4º posto na clasificación conxunta, 8º na masculina e 3º na feminina. Destacamos nesta categoría  as dúas medallas de bronce nas remudas femininas de 4×200 libre e 4×100 estilos, e 4º posto en 4×100 libre. As remudas acadaron os seguintes postos: 10º en 4×100 libre, 9º en 4×200 libre e 7º en 4×100 estilos.

Destacamos para este grupo a gran maioría de MMP acadadas, e o salto competitivo que foron capaces de dar nun Campionato no que non estaban acostumados a participar, o que significa un paso adiante no futuro do CNA.

Os medallistas foron, Eva, Claudia Suárez, Paula Rodríguez, Manuel e Alejandro que obtiveron un total 15 medallas individuais, 6 pratas e 9 bronces.

No Campionato Absoluto participaron: Eva, Ana, Alba, Nerea Alvite, Lucía, Claudia Suárez, Paula, Miriam, Alejandro, Manuel Varela, Mateo, Miguel, Manuel Ruibal, Marcos, Rubén e Ricardo. Participaron en tódalas remudas do campionato, nas que o equipo masculino acadou o 8º posto en 4×100 libre, 5º en 4×200 libre e 4×100 estilos, 8º en 4×50 estilos e 10º en 4×50 libre.

No caso do equipo feminino, loitaron en tódalas probas entre os postos máis destacados, finalmente foron bronce en 4×200 libre, 4×100 libre e 4×100 estilos, 4º posto en 4×50 libre e 5º en 4×50 estilos. Na clasificación conxunta rematamos o campionato no 6º posto masculino, 4º feminino e 4º conxunto.

Tivemos presencia en 27 finais, que se nadaban nas sesións da tarde e que lle daban un gran ambiente competitivo ó campionato, sobre todo gracias á posta en escena por parte do Club anfitrión, o CN Portamiñá. Os nadadores e nadadoras absolutos con medalla foron, Mateo, Miguel Ángel, Alba e Eva, que obtiveron 9 medallas (3 ouros, 2 pratas e 4 bronces).

Destacamos tamén a marca de Mateo García na proba de 800 libre, que con un tempo de 8.00.16 deulle colofón ó evento batindo o Récord de Campionato e a Mellor Marca Galega de 18 anos.

Despedimos o ano 2023 con un gran nivel competitivo e de motivación por parte de este Equipo e aproveitamos para desexar a todo o Club Natación Arteixo un novo ano cargado de éxitos deportivos.

Noraboa e Feliz 2024!!

ResultadosMedalleiro