Campionato Galego. Resultados

Rematou o Campionato Galego Absoluto con bos resultados para o Club Natación Arteixo.  O campionato estivo dividido en dous, as nenas competiron en 3 sesións de martes e mércores pola mañán, e os nenos, noutras 3 de mércores a xoves. Votouse de menos a xuntanza deste dous grupos e a habitual convicencia destes eventos, pero a satisfacción de ter competido e a seguridade da organización por parte do Club Fluvial de Lugo e a FEGAN compensa esta separación.

O Club Natación Arteixo foi 8º clasificado na conxunta, cun 5º posto na feminina, 8º na masculina, cun total de sete medallas individuais e dúas en remudas.

O primeiro equipo en competir foi o feminino, que con algunha ausencia importante defenderon moi ben o seu enorme percorrido polos primeiros postos do campionato e polas medallas de remudas. Quedaron en 5º posto na clasificación conxunta, e acadaron dúas medallas nas remudas de 4×100 e 4×200 libre.

A nivel individual acadaron cinco medallas, Paula Otero 3 ouros e 1 prata, e Eva Sánchez un bronce.

Nas remudas, ademáis dos bronces acadados, quedaron nos seguintes postos: 5º en 4×50 libre, 5º en 4×100 estilos e 4º en 4×50 estilos.

Ademáis, a nadadora Paula Otero Fernández acadou o Trofeo Paula Carballido á mellor nadadora por táboa FINA pola proba de 400 estilos.

O equipo masculino chegou o mércores a mediodía para renovar as enerxías do campionato. Melloraron moitas marcas persoais a nivel individual e fixeron boas remudas, mellorando moito os postos respecto á edición anterior.  Acadaron o 10º posto en de 4×100 libre, 8º en 4×50 estilos,  7º en 4×100 estilos e 4×200 libre e 9º en 4×50 libre. Nestas probas de equipo batíronse un par de récords de club que facía tempo que estaban pendientes, boa proba da mellora do noso nivel nestas edades.

A niven individual destacaremos que Miguel Ángel Gómez obtivo dúas medallas, un ouro e unha prata, e o nadador de categoría junior, Mateo García Castro, acadou mínima para participar no Campionato de España na proba de 1500 libre, con un tempo de 16.29.82, con esta suma dúas probas para dito campionato, xa que acadara en Mos a mínima no 400 libre.

Noraboa a tod@s polos resultados e grazas por darnos este colofón de 2021!!

ResultadosMedalleiro