Esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego de categorías Junior e Absoluta. Antes de nada queremos dar as gracias e a noraboa á FEGAN e o Club Natación Pabellón Ourense pola organización e por facer posible este evento na situación que nos está tocando vivir.
Foi un gran fin de semana competitivo, de venres a sábado para os nenos, de sábado a domingo para as nenas, seis sesións intensas e moi boas a nivel competitivo para o Club Natación Sarval Arteixo.
O primeiro equipo en estrear o campionato o venres pola mañán foi o masculino. Partipamos con sete nadadores, cinco junior e dous absolutos. Queremos destacar antes de nada as remudas, nas que competiron como absolutos no 4×50 libre e no 4×50 estilos, acadando o 12º posto. E como categoría junior en 4×100 libre, 6º posto, 4×200 libre, 6º posto, e nun emocionante 4×100 estilos no que acadaron o 4º posto.
A nivel individual destacamos que houbo moitas MMP e o bo ambiente vivido entre o equipo. O nadador de categoría junior, Miguel Ángel Gómez acadou dúas medallas na proba de 200 braza, ouro junior e bronce absoluto.
O sábado a mediodía chegaron as nenas, costou un pouco meterse en competición, pero unha vez conseguido, o nivel competitivo foi máis que notable. Empezamos falando antes de nada das remudas, queremos facer referencia a algo importante e digno de resaltar, o equipo feminino absoluto do Club Natación Arteixo, con diversas compoñentes ó longo do tempo, leva sen baixar do podio das remudas en Campionatos Galegos dende decembro de 2014, momento no que acadaron os dous primeiros bronces, a día de hoxe levamos un total de 42 metais, boa referencia para a natación galega femenina. Nesta ocasión acadaron dúas pratas, en 4×50 libre e 4×50 estilos, un bronce en 4×100 libre e un ouro en 4×100 estilos, proba coa que remataba o campionato, e que igual que co equipo masculino, foi a máis emocionante. Na proba de 4×200 libre acadaron o 4º posto.
A nivel individual cabe destacar, coma nos nenos, o bo nivel de marcas e a motivación do equipo, que ainda que costa competir separados, sempre acabamos conseguindo sentir a tope a competición. Houbo un total de oito medallas individuais (4 ouros, 3 pratas e 1 bronce) de Alba Gómez e Antía Gómez.
As clasificacións totais por cub son as seguintes: en categoría junior, 6º masculino, 10º feminino e 7º conxunto; en categoría absoluta, 11º masculino, 4º feminino e 9º conxunto.
Nesta tempada tan extraña que está a punto de rematar, competicións como esta, equipos motivados como o alevín, o infantil e este junior e absoluto, son o que realmente definen o traballo de cada día do Club, tanto a nivel de directiva como de adestradoras. Realmente merece a «alegría» seguir traballando en equipo para o Club Natación Sarval Arteixo.
Noraboa Equipo:
Alba, Antía, Eva, Lucía, Paula, e Tamara; Cristian, Dani, Javi, Luis, Manuel, Mateo e Miguel
Noraboa e grazas por seguir con este proxecto!!