Campionato Galego. Resultados

Rematou o Campionato Galego de Inverno que se celebraba en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur de sábado a luns. Foron 6 sesións intensas de competición que deixaron moi bos resultados en conxunto para este equipo absoluto do Club Natación Arteixo.

Un total de 14 nadador@s foron os que participaron neste evento, houbo un gran ambiente na grada e mellor aínda competitivo. Tivemos presencia nun total de 22 finais, acadando dez medallas individuais e cinco en remudas, e os seguintes postos por equipos: 18º masculino, 4º feminino e 9º conxunto.

Luis, César, Carlos, Alejandro, Manuel, Miguel Ángel, Javier, Alba, Tamara, Noelia, Paula, Antía, Nerea Pazos e Nerea Iglesias, estes foron os compoñentes do Club Natación Arteixo que participaron neste campionato, que constaba de eliminatorias e finais.

Nas remudas, o máis salientable é o nivel das femininas, xa que as compoñentes do Arteixo foron subcampionas en tódalas remudas nas que participaron, as cinco do calendario, esto axudou a que a clasificación feminina fora un apretado 4º posto, a tan só 10 puntos das segundas.  Nesta ocasión estreouse unha nova remuda que seguro quedará instaurada, xa que foi todo un éxito de participación, a de 4×50 estilos mixta. Clasificacións de remudas: 4×50 estilos, prata feminino, 18º masculino; 4×50 libre, prata feminino, 16º masculino; 4×100 libre, prata feminino, 15º masculino,  4×200 libre, prata feminino, 15º masculino, e 4×100 estilos, prata feminino, 15º masculino. Na remuda mixta de 4×50 estilos quedamos en 8º posto.

A nivel individual, acadáronse un total de 10 medallas. Alba Gómez obtivo tres ouros e unha prata, Paula Otero dous ouros e dúas pratas, e Antía Gómez dous bronces. Un dos momentos máis emocionantes para a grada do Arteixo foi cando Alba Gómez nadou a final de 200 libre, proba na que bateu o Récord do Campionato cunha marca de 1.59.15. Ademáis, Antía Gómez, nadadora de categoría infantil, obtivo a Mellor Marca Galega de 14 anos en 50 costas con 29.95 na primeira posta da remuda de 4×50 estilos.

Arteixo estivo presente en 3 finais masculinas, 19 femininas, tódalas remudas e quince podios neste Campionato Absoluto. Seguiremos adestrando e ilusionándonos para mellorar este campionato en verán, loitar polo ascenso a Primeira División e seguir aumentando o nivel deste Gran Equipo, o CNA.

Noraboa EQUIPO!!

Web do Campionato

Medalleiro

Feliz e exitoso 2020 a tod@s os compoñentes do Club Natación Sarval Arteixo