Campionato Galego. Resultados

Onte rematou o Campionato Galego de Inverno que se celebraba en Santiago, na Piscina de Santa Isabel dende o xoves.

Un total de 21 finais, moitas mellores marcas persoais, 10 remudas e 4 medallas non se poden resumir nun artigo. O resumo foi o bo ambiente, as ganas de competir a tope pese as ausencias, a emoción de seguir defendendo as nosas cores. Entre tod@s, os máis mozos e os de categoría absoluta, os que acadaron postos de final e os que non, acadaron o 10º posto de Galicia, con un 6º feminino e 12º masculino.

Luis, César, Xián, Fran, Carlos, Alberto, Daniel, Alba, Tamara, Uxía, Peni, Nerea Pazos e Nerea Iglesias, estes foron os compoñentes do Club Natación Arteixo que participaron neste campionato, que constaba de eliminatorias e finais.

Nas remudas femininas, nas que levamos moitos anos sendo moi protagonistas no campionato, acadamos unha moi loitada medalla de bronce no 4×50 libre. Tamén participamos nas cinco remudas masculinas, coa ilusión da recente reincorporación de Francisco Sanjorge. Clasificacións de remudas: 4×50 estilos, 6º feminino, 12º masculino; 4×50 libre, bronce feminino; 4×100 libre, 5º feminino, 9º masculino,  4×200 libre, 8º feminino, 9º masculino, e 4×100 estilos, 5º feminino, 9º masculino.

A nivel individual, acadáronse un total de 3 medallas, da nadadora Alba Gómez, 2 ouros en 100 braza e 200 braza, e prata en 200 estilos.

O nivel de marcas tanto en probas individuais como en remudas foi moi bo, con varios récords de club batidos e unha mínima para asistir ó Campionato de España Infantil de Inverno de Nerea Iglesias, na proba de 200 estilos, con un tempo de 2.27.80.

Arteixo estivo presente en 8 finais masculinas, 13 femininas, tódalas remudas e varios podios neste Campionato Absoluto. Seguiremos adestrando e ilusionándonos para mellorar este campionato en verán e seguir aumentando o nivel deste Gran Equipo, o CNA.

Noraboa EQUIPO!!

Web do Campionato

Feliz e exitoso 2018 a tod@s os compoñentes do Club Natación Sarval Arteixo