Onte pola noite rematou o Campionato Galego de Inverno que se celebraba en Pontevedra dende o mércores. Unha vez máis os compoñentes do Club Natación Arteixo demostraron a súa capacidade de medrar nos momentos importantes, de estar á altura das circunstancias xerando un xenial ambiente competitivo e de equipo. Ante todo a que escribe esta crónica quere felicitar ó seu equipo por isto. Entre tod@s, os máis mozos e os de categoría absoluta, os que acadaron postos de final e os que non, acadaron o 8º posto de Galicia, con un 3º feminino e 15º masculino.
Luis, César, Xián, Estevo, David, Iván, Carlos, Laura, Emma, Alba, Noelia, Tamara, Irene, Virginia, Uxía, Nerea Pazos e Nerea Iglesias, estes foron os compoñentes do Club Natación Arteixo que participaron neste campionato, que constaba de eliminatorias e finais.
As remudas femininas acadaron un total de 4 medallas (3 pratas e 1 bronce) e un moi loitado 4º posto, nas cinco remudas nas que participaron, sendo unha vez máis un dos mellores equipos da competición. Tamén participamos nas cinco remudas masculinas, novidade, xa que non o conseguíamos dende o campionato do 2014. Clasificacións de remudas: 4×50 estilos, prata feminino, 17º masculino; 4×50 libre, prata feminino; 4×100 libre, prata feminino, 14º masculino, 4×200 libre, bronce feminino, 13º masculino, e 4×100 estilos, 4º feminino, 15º masculino.
A nivel individual, acadáronse un total de 8 medallas, das nadadoras Virginia Naya e Alba Gómez. Virginia, nadadora de categoría absoluta foi prata en 50 e 100 bolboreta e bronce en 50 e 100 libre. Alba, de categoría junior acadou 2 ouros en 100 braza e 100 libre, prata en 200 braza e bronce en 200 estilos.
O nivel de marcas tanto en probas individuais como en remudas foi moi bo, con varios récords de club batidos e mínimas acadadas para asistir a Campionatos de España Absoluto: Alba Gómez en 100, 200 libre e 200 estilos. E para o Campionato de España Infantil: Nerea Iglesias, mínima de inverno en 200 estilos e de verán tamén en 400 estilos.
Arteixo estivo presente en 8 finais masculinas, 20 femininas, tódalas remudas e varios podios neste Campionato Absoluto, este equipo non para de renovarse e de loitar por seguir a moi bo nivel dentro da natación galega. Animamos ós participantes máis mozos a manter o nivel competitivo amosado nestes últimos anos.
Noraboa EQUIPO!!
Feliz e exitoso 2017 a tod@s os compoñentes do Club Natación Sarval Arteixo