Campionato Galego. Resultados

Rematou o Campionato Galego de categorías Infantil e Junior de Inverno, que se celebrou en Cervo en piscina de 50 metros. O Club Natación Arteixo acadou os postos 4º Junior e 14º Infantil nas clasificacións conxuntas cunha participación de 10 nadadores e 4 nadadoras.

Valoramos máis que nunca neste Campionato Galego as clasificacións por equipos, xa que acadamos moi boas clasificacións, gracias á regularidade do equipo: Para os Infantís, 9º masculino, 16º feminino e 14º conxunto. Para os Junior, magníficos postos: 5º masculino, 10º feminino e 4º conxunto.

En remudas, participábamos só con equipos masculinos, que defenderon con moi boas marcas e mellor espíritu competitivo os seguintes postos:

Equipo Masculino Infantil: 8º en 4×200 libre, 11º en 4×100 libre, 9º en 4×100 estilos.

Equipo Masculino Junior: 5º en 4×200 libre, 5º en 4×100 libre, 5º en 4×100 estilos.

En canto ó traballo individual, acadáronse moitas mellores marcas persoais, este equipo vaise afianzando pouco a pouco como un gran equipo de futuro se continúan con esta progresión. Un medalleiro cun total de 4 metais para Alba Gómez (2 ouros, 1 prata e 1 bronce). Esta nadadora ademais acadou 1 mínima que se suma ás 4 que xa posuía para asistir ó Campionato de España de Inverno, na proba de 100 braza con un tempo de 1.16.24.

¡¡Noraboa a este equipo pola súa participación e os seus éxitos!!

Resultados

Medalleiro