Onte rematou o Campionato Galego de Verán en piscina de 50 metros de categorías Junior e Absoluto, o equipo do Club Natación Arteixo estaba formado por 25 deportistas que defenderon as súas cores entregándose ó máximo nun campionato no que o protagonista principal foi a ola de calor que aumentou a dificultade do evento. Acadáronse bastantes MMP, 16 medallas (3 ouros, 5 pratas e 8 bronces) e un salientable 4º posto na clasificación conxunta junior e 8º na absoluta.
Tivo lugar en Ourense, na Piscina de Rosario Dueñas, dende o venres ata o domingo, en sesións de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde. Celebrábanse dous campionatos no mesmo evento, o Campionato Junior, con Paula, Catalina, Carla, Miriam, Candela, Jazmin, Alex, Diego, Iago, Iván, José Manuel, Krisztofer e Santiago como protagonistas. Xuntos acadaron o 4º posto na clasificación conxunta, 3º na masculina e 8º na feminina. Nas remudas destacamos a medalla de bronce do equipo masculino en 4×100 libre. Os demáis postos son os seguintes, 8º en 4×200 feminino e masculino, 7º feminino e 4º masculino en 4×100 estilos, 9º feminino en 4×100 libre.
No Campionato Absoluto participaron: Alba, Claudia Suárez, Claudia Carballido, Eva, Irene, Nerea, Nuria, Aritz, Manu Ruibal, Manu Lema, Miguel e Rubén. Os medallistas foron, Alba, medallas absolutas; Iago, Iván, Alex, Paula, Carla, Santiago e Miriam, medallas de categoría junior. En total obtiveron un total 15 medallas individuais, 3 ouros, 5 pratas e 7 bronces.
Participaron en case todas las remudas do campionato, As clasificacións son as seguintes: 6º posto para a remuda de 4×200 libre feminina, 6º feminino e 10º masculino en 4×100 libre, 9º feminino e 9º masculino en 4×50 libre, 10º feminino e 11º masculino en 4×50 estilos, e finalmente nas remudas máis emocionantes do campionato, as que o clausuran, o 4×100 estilos, onde acadamos o 4º posto feminino e 9º masculino.
Con esta intensa fin de semana despedimos a tempada competitiva de Campionatos Galegos en piscina, quedando pendente de data e lugar o de Augas Abertas.
Noraboa a tod@s!!



