Acaba de rematar o Campionato Galego de Inverno en piscina de 25 metros de categoría absoluta, con bos resultados para todo o grupo de 19 deportistas que defenderon as cores do Club Natación Arteixo, e que deixan como resumen moitas MMP e Récords do Club, 9 medallas (3 ouros, 4 pratas e 2 bronces), dous Récords de Campionato de Alba Gómez e Mateo García, e un destacable 4º posto na clasificación feminina e 7º conxunta.
Foi en Lugo, na Piscina de Frigsa, dende o venres ata o domingo, en sesións de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde. Foi un Campionato de gran nivel competitivo. Os nomes de todos os protagonistas son: Alba, Irene, Eva, Claudia Suárez, Claudia Carballido, Carla, Catalina, Nerea, Paula Rodríguez e Miriam como equipo feminino e Alejandro, Aritz, Iván, José Manuel, Mateo, Miguel, Manuel Ruibal, Santiago, Rubén Villamor como equipo masculino. Xuntos acadaron o 7º posto na clasificación conxunta, 11º na masculina e 4º na feminina.
Estes deportistas tiveron moi bo nivel competitivo e de motivación de grupo, fixeron moitas MMP, batíndose varios Récords do Club e con 19 presencias en total nas sesións de finais.
Participamos en tódalas remudas do campionato, nas que o equipo masculino acadou o 8º en 4×100 libre e 8º 4×100 estilos, 10º en 4×50 estilos e 8º en 4×50 libre.
No caso do equipo feminino, seguen co logro do Club Natación Arteixo de ter subido ó podium en tódolos Campionatos Galegos dende o 2014, esta vez con medalla de bronce na remuda que pecha o campionato, o 4×100 estilos. acadaron o 4º en 4×200 libre, 5º en 4×50 estilos, 7º en 4×100 libre e , e 6º posto en 4×50 libre.
Despedimos o ano 2025 con esta importante competición da tempada de inverno e aproveitamos para desexar a todo o Club Natación Arteixo un novo ano cargado de éxitos deportivos.
Noraboa e Feliz e Exitoso 2026!!



