Onte rematou o Campionato Galego de Verán en piscina de 50 metros de categorías junior e absoluto, o equipo do Club Natación Arteixo estaba formado por 22 deportistas que defenderon as súas cores entregándose ó máximo, bastantes MMP, 18 medallas (5 ouros, 9 pratas e 4 bronces) e tres Récords Galegos de Mateo García.
Tivo lugar en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur, dende o venres ata o domingo, en sesións de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde. Celebrábanse dous campionatos no mesmo evento, o Campionato Junior, con Eva, Candela, Claudia Suárez, Claudia Carballido, Nuria, Paula, Catalina, Carla, Miriam, Iván, José Manuel, Ricardo, Diego e Santiago como protagonistas. Xuntos acadaron o 7º posto na clasificación conxunta, 8º na masculina e 3º na feminina. As remudas acadaron os seguintes postos, 4º en 4×200 feminino, 5º feminino e 6º masculino en 4×100 estilos, 7º feminino e 10º masculino en 4×100 libre.
Os medallistas foron, Eva, Paula Rodríguez, Carla Rodríguez e Miriam Macías que obtiveron un total 8 medallas individuais, 5 pratas e 3 bronces.
No Campionato Absoluto participaron: Eva, Ana, Alba, Claudia Suárez, Paula Rodríguez, Miriam, Irene, Alejandro, Mateo, Miguel, Manuel Ruibal. Participaron en tódalas remudas do campionato, destacando a medalla de prata na remuda feminina de 4×200 libre. As demáis clasificacións son as seguintes: 5º posto para a remuda de 4×200 libre masculina, 5º feminino e 8º masculino en 4×100 libre, 8º feminino e 11º masculino en 4×50 libre, 8º feminino e 10º masculino en 4×50 estilos, e finalmente nas remudas máis emocionantes do campionato, as que o clausuran, o 4×100 estilos, onde acadamos o 4º posto feminino e 6º masculino.
Tivemos presencia en 20 finais, acadando os seguintes postos na clasificación absoluta: 4º feminino, 8º feminino e 7º conxunto. Os nadadores e nadadoras absolutos con medalla foron, Mateo, Miguel Ángel, e Alba, que obtiveron 9 medallas en probas individuais (5 ouros, 3 pratas e 1 bronce).
Destacamos tamén o nivel competitivo de Mateo García, que acadou tres Récords Galegos nas probas de 400, 800 e 1500 libre. A marca na proba de 400 libre, tamén fixo que lle otorgaran o Trofeo Paula Carballido á mellor marca masculina por Táboa Fina do Campionato. Ademáis, durante este evento fíxoselle entrega tamén do Trofeo Leopoldo Bremón á mellor proba da Liga Absoluta pola proba de 1500 libre.
Despedimos a tempada competitiva de Campionatos Galegos. O sábado que ven, unha parte do equipo participará no Trofeo Pedro Escudero, a nosa Internacional Paula Otero participará no Campionato do Mundo de Singapur e Mateo na Copa LEN de Augas Abertas, así que aínda temos algunhas novas sobre eventos importantes pendentes.
Noraboa a tod@s!!




