Acaba de rematar o Campionato Galego de Inverno en piscina de 25 metros de categoría absoluta, con bos resultados para todo o grupo de 20 deportistas que defenderon as cores do Club Natación Arteixo, e que deixan como resumen moitas MMP, 10 medallas (7 ouros, 2 pratas e 2 bronces), dous Récords Galegos de Mateo García, un Récord de Campionato de Alba Gómez, e un destacable 5º posto na clasificación conxunta.
Foi en Santiago de Compostela, na Piscina de Santa Isabel, dende o venres ata o domingo, en sesións de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde. Os nomes de todos os protagonistas son: Ana, Alba, Antía, Irene, Eva, Claudia Suárez, Claudia Carballido, Nerea, Paula Otero, Paula Rodríguez e Miriam como equipo feminino e Aarón, Alejandro, Manuel Varela, Mateo, Miguel, Manuel Ruibal, Marcos, Rubén e Ricardo como equipo masculino. Xuntos acadaron o 5º posto na clasificación conxunta, 7º na masculina e 4º na feminina.
Participamos en tódalas remudas do campionato, nas que o equipo masculino acadou o 5º posto en 4×200 libre, 6º en 4×100 libre e 4º 4×100 estilos, 11º en 4×50 estilos e 4×50 libre.
No caso do equipo feminino, loitaron en tódalas probas entre os postos máis destacados, finalmente foron ouro en 4×200 libre, bronce en 4×50 estilos, 4º en 4×100 estilos, 4º en 4×100 libre e , 5º posto en 4×50 libre.
Tivemos presencia en 33 finais, que se nadaban nas sesións da tarde e que lle daban un gran ambiente competitivo ó campionato, incluida a posta en escena por parte do Club anfitrión, o CN Santiago. Os nadadores e nadadoras con medalla foron, Mateo, 3 ouros, Alba, 2 ouros e 2 pratas, Paula Otero, 1 ouro, e Miguel Ángel, 1 bronce. Batíronse un total de sete Récords Absolutos do Club.
Destacamos tamén os dous nadadores con marcas de «Récord», Mateo García bateu dous Récords Galegos, na proba de 400 libre con un tempo de 3.49.65 e na proba de 800 libre con un un tempo de 7.55.13. Alba fixo o Récord de Campionato na probas de 100 estilos con un tempo de 1.03.58. Ademáis os trofeos ós mellores nadadores por puntos FINA foron para o Club Natación Arteixo, das mans de Mateo Garcia e de Paula Otero, polas probas de 1500 e 400 libre respectivamente.
Despedimos o ano 2024 con un gran nivel competitivo e de motivación por parte de este Equipo e aproveitamos para desexar a todo o Club Natación Arteixo un novo ano cargado de éxitos deportivos.
Noraboa e Feliz e Exitoso 2025!!