Campionato Galego Máster

Esta categoría, non para de sorprendernos e darnos alegrías a todo o conxunto do Club Natación Arteixo. Premiados/as con 13 medallas, unha delas en remudas, volven estes deportistas dunha competición onde o máis salientable foi coma sempre, o disfrute de todos os compoñentes deste equipazo.

Destacamos sobre todo o traballo en equipo, coa clasificación do campionato: 9º Masculino, 14º Feminino, e 14º Conxunto. Tamén os postos acadados polos equipos de remudas: Bronce en 4×50 Libre na categoría de +120; 10º en 4×50 Libre Mixto de +160; 6º en 4×50 Estilos de +120; 6º en 4×50 Estilos de +160. Estábamos desexando tirar remudas, e vaia se o conseguimos!!

En canto ó traballo individual, destacamos por suposto as 12 medallas obtidas (3 ouros, 5 pratas e 4 bronces) e dous récords galegos acadados polo nadador Gabriel Báiz en 400 Libre (4.41.89), e 200 Libre (2.12.80).

Próxima cita no Campionato de España que se celebrará en Pontevedra e no que participarán Javier Mella e Diego Rodríguez.

¡¡Noraboa Equipo por todo esto, e sobre todo pola ilusión que poñedes cada día!!

Resultados Master

Medalleiro