Campionato Galego Máster. Resultados

Rematou o Campionato Galego Máster con unha boa actuación dos dez participantes do Club Natación Arteixo e unha moi boa organización por parte da Fegan e o Club Natación Ponteareas deste novo campionato de inverno. Moi bo ambiente competitivo, un total de 19 medallas en probas individuais e unha en remuda son os resultados máis salientables que agora pasamos a especificar.

Os nosos representantes foron: Gloria, Nerea e Raquel; Adrián, Carmelo, Javi Mella, Olmo, Rafa, Rubén e Ramón. Tod@s acadaron boas marcas individuais, nadando con moita ilusión, e coma sempre tratando de dalo todo tanto na piscina coma na grada. Acadaron os seguintes postos como equipo: 19º na clasificación conxunta, 14º masculino e 21º feminino.

Os momentos máis emocionantes do campionato foron, coma sempre, o da participación dos equipos de remudas. Tivemos presencia en unha mixta e dúas masculinas, acadando os seguintes postos: en 4×50 libre masculina categoria +200 10º, na de 4×50 estilos mixta de categoría +120 o 5º posto e na que inaugurou o campionato, de 4×50 estilos mixta de categoría +120 foron medalla de bronce.

A nivel individual destacamos a incorporación de novos compoñentes e a ilusión transmitida por tod@s durante o evento. Acadamos un total de 19 medallas, dez ouros, cinco pratas e cinco bronces. Podedes consultalas no medalleiro enlazado nesta nova, así como todos os resultados da competición.

O noso nadador máis veterán, que segue a deleitarnos coa súa motivación por participar nestes campionatos e seguir formando parte das remudas, Ramón Folch, acadou o premio do Campionato ó nadador de máis idade, que recolleu ó final do evento.

Esta sección do Club Natación Arteixo intentará seguir aumentando e traballando para que a tempada de verán sexa con máis e mellor

Noraboa EQUIPO MÁSTER!!

ResultadosMedalleiro