Campionato Galego Máster. Resultados

Rematou o Campionato Galego Máster con unha boa actuación dos dez participantes do Club Natación Arteixo e unha moi boa organización por parte da Fegan e o Club Natación Mos deste novo campionato de verán. Un total de 27 medallas en probas individuais e 3 en remudas, e un Top-10 na clasificación conxunta, son os resultados máis salientables que agora pasamos a especificar.

Os nosos representantes foron:Ana, Nerea e Raquel,  Carmelo, Javi Carril, Javi Mella, Olmo, Rafa, Rubén e Ramón. Tod@s acadaron boas marcas individuais, nadando con moita ilusión, e coma sempre tratando de dalo todo tanto na piscina coma na grada. Acadaron os seguintes postos como equipo: 10º na clasificación conxunta, 10º masculino e 14º feminino. Destacamos que a clasificación conxunta é a mellor dende que se inaugurou esta sección do noso Club.

Un dos momentos máis emocionantes do campionato foi, coma sempre, o da participación dos equipos de remudas. Só poidemos ter presencia en unha masculina e nas mixtas, acadando tres medallas que souberon a auténtica gloria polo especial que ten de traballo en equipo. As remudas foron así: en 4×50 libre masculina categoria +120 7ºposto, na de 4×50 estilos mixta de categoría +240 medalla de bronce, en 4×50 libre e 4×50 estilos mixtas de categoría +100 foron medalla de ouro.

   

A nivel individual destacamos a mellora do equipo, en parte  gracias á consolidación do novo grupo de adestramento que por fin poidemos formar a tempada pasada en Meicende coa colaboración do Concello de Arteixo. Acadamos un total de 27 medallas, dez ouros, dez pratas e sete bronces. Podedes consultalas no medalleiro enlazado nesta nova, así como todos os resultados da competición. As nadadoras Ana veiga e Nerea Alvite acadaron Récord Galego de categoría +25, Ana na proba de 200 costas, e Nerea en 200 bolboreta.

 

O noso nadador máis veterán en moitos sentidos, Ramón Folch, acadou o premio do Campionato ó nadador de máis idade, que recolleu con gran orgullo ó final do evento.

Esta sección do Club Natación Arteixo intentará seguir aumentando e traballando para que a tempada 25-26 sexa con máis e mellor

Noraboa EQUIPO MÁSTER!!

ResultadosMedalleiro