Esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego Máster de Verán, no que tivemos a mellor participación en varias tempadas. Representáronnos un total de doce deportistas que con moi bo nivel competitivo mantiveron o nome do Club Natación Arteixo nun bo lugar. Vinte e nove medallas, tres Récords Galegos e un premio ó nadador máis veterán, Ramón Folch, son un bo resumen da actuación deste grupo, que en total sumou un 10º posto na clasificación conxunta. Este Equipo Máster estase a reafirmar no panorama galego desta categoría.
Empezamos a desgranar este campionato pola clasificación por Clubs, na que acadaron o 9º posto masculino, 16º feminino e un salientable 10º conxunto. En 2º lugar destacamos tres medallas acadadas en remudas, obtiveron dúas pratas nas remudas de 4×50 libre masculina +120 e mixta +120, e un bronce na remuda de 4×50 estilos +240.
A nivel individual temos que falar de que se batiron tres Récords Galegos co nome do CNA, Ramón Folch na proba de 100 libre, Marcos del Río en 200 libre, e Sara González en 50 braza.
Os nosos deportistas fixeron pleno de medallas, xa que en remudas ou en individual, tod@s voltan co seu metal colgado. Foron un total de 9 ouros, 12 pratas e 6 bronces. Esto só é unha idea do nivel competitivo, pero o máis importante é o ambiente de grupo, a motivación e a diversión coa que encara este tipo de eventos o noso Equipo Máster.
Noraboa EQUIPO!!