Unha vez máis o equipo máster do Club Natación Arteixo sorprende no Campionato Galego, polo seu espírito deportivo, a ilusión, e por suposto os resultados. Con varias baixas no equipo por motivos de traballo, asistiron dez deportistas (Chus, Keti, Laura, María, Patricia, Raquel, Iago, Javi Mella, Javi Mon e Ramón. A competición foi en Ourense, na Piscina Rosario Dueñas, de 50 metros e constou de tres sesións.
A Clasificación por clubs foi a seguinte: 19º posto na Masculina, 8º na feminina e 11º na clasificación conxunta. Participaron en 4 remudas, destacando as femininas de +120, nas que acadaron medalla de prata en 4×50 libre e 4×50 estilos. En 4×50 estilos masculino +160 acadaron o 7º posto, en 4×50 estilos mixto de +120, o 6º posto.
A nivel individual hai que destacar que todos os compoñentes deste pequeno equipo baixaron as súas marcas persoais, acadando un total de 15 medallas (6 ouros, 5 pratas e 2 bronces).
Destacamos tamén os récords galegos máster en piscina de 50 metros de: Javi Mon en 100 libre +40 (1.04.48), de Ramón en 50 libre e 100 libre de +80(46.19, 1.34.89), e de Raquel Durán en 100 bolboreta e 400 estilos +30 (1.38.20, 6.46.27).
Moitos/as destes nadadores empezaron a tempada dubidando das súas posibilidades, tanto adestrando coma competindo, a súa superación persoal e dedicación levoulles a esta mellora, en moitos aspectos, son un exemplo a seguir polos deportistas máis novos.
Noraboa por este novo gran campionato!!