O equipo Máster do Club Natación Sarval Arteixo viviu unha vez máis unha gran experiencia no Campionato Galego Máster que se celebrou esta fin de semana en Pontevedra. Con varias baixas por gripe, a motivación foi igualmente moi grande, acadando o 18º posto na clasificación conxunta (16º masculina e 18º feminina) e un total de 12 metais acadados.
En total asistiron 5 nadadores e 2 nadadoras. Esta sección estase afianzando como grupo dentro da estrutura do Club, cada vez cos obxectivos máis claros e mellor traballados, non só son máis, se non que queren ser mellores e máis equipo.
Un dos obxectivos eran as remudas, as femininas non puideron ser polas baixas, pero as masculinas e as mixtas demostraron unha gran mellora, acadando por primeira vez unha medalla: 6º posto en 4×50 libre masculino, 12º en 4×50 libre mixta e medalla de bronce en 4×50 estilos masculina, composta por Manuel, Iván, Javier e Carmelo.
A nivel individual, tod@s baixaron as marcas nas probas nas que participaban e acadaron un total de 11 medallas, 6 ouros, 3 pratas e 2 bronces, para Javier Mon, Raquel, Keti e Carmelo.
Noraboa EQUIPO, seguiremos mellorando para a tempada de verán!!