Campionato Galego Máster de Verán

Asistir a un Campionato Máster non ten precio, non se parece a nada, ou como dixo unha recién estreada na categoría, non se pode contar… hai que vivilo. O ambiente que rodea a este tipo de competicións e o puro disfrute do deporte, sen límite de idade nin de condición física.

Onte celebrouse en Ponteareas o Campionato Galego de verán ó que asistiron cinco deportistas do Club Natación Arteixo. Tod@s rebaixaron as súas marcas persoais, nadando con moita ilusión e motivación.

Acadaron un total de 8 medallas: María, ouro en 50 costas, bronce en 50 libre. Javier, bronce en 50 libre, prata en 100 costas. Iago, ouro en 100 estilos, prata en 50 braza. Manuel, prata en 50 libre e 100 costas.

Na clasificación conxunta por clubs, acadamos o 13º posto. Destacamos os postos e as marcas de remudas, que rebaixaron máis de 5 segundos respecto ó campionato de inverno e pasaron do 6º e 8º posto ó 4º posto nas remudas de 4×50 libre e 4×50 estilos.

¡¡Noraboa a estes deportistas que están a facer máis grande este club!!

Resultados