Este domingo día 2 de febrero celébrase en Ponteareas o Campionato Galego Máster de Natación en sesión de mañá e tarde.
O Club Natación Arteixo acude con 4 nadadores, que participan en dúas probas individuais e nas remudas de 4×50 libre e 4×50 estilos.
Javier Mella: 100 estilos e 200 libre
Carmelo Sanjorge: 200 costas e 200 libre
Iago Caínzos: 100 estilos e 50 braza
Manuel Martín: 50 libre e 50 costas
Esta categoría, aínda moi xove no Club xa que se creou a tempada pasada, é a mellor proba de que o disfrute do adestramento, o afán de superación e a competición non teñen edade.
¡¡Ánimo e sorte para estes 4 deportistas do Natación Arteixo!!