Campionato Galego Máster de Inverno

Esta fin de semana celébrase en Ponteareas o Campionato Galego Máster de Inverno, e o Club Natación Arteixo participa con sete nadadores e unha nadadora, nun total de 22 probas e dúas remudas masculinas.

Este pequeno gran grupo dos veteranos do club acuden cunha motivación moi especial a este evento que sen dúbida o máis importante da tempada de inverno.

Coma sempre neste tipo de eventos podemos permanecer ó día dos resultados na web do campionato.

¡¡Ánimo EQUIPO!!

Convocatorias

Web do Campionato