Campionato Galego Máster

Esta fin de semana celebrouse en Lugo, na Piscina de Frigsa, o Campionato Galego Máster de Inverno. Tivemos menos representación que noutros campionatos, pero os once asistentes o compensaron con ilusión e moi bo nivel competitivo.

Acadamos as seguintes clasificacións por equipos: 18º posto na masculina, 13º na feminina e 17º na clasificación conxunta. A nivel individual este pequeno gran equipo acadou un total de once medallas, catro ouros, catro pratas e tres bronces.

As remudas nas que participaron foron as seguintes: o sábado no 4×50 libre masculina, na que acadaron o 10º posto, e o 4×50 estilos mixta, 8º posto. O domingo puideron facer remudas de 4×50 estilos masculinas, 8º, e feminina, 10º posto. Este mesmo día rematouse o campionato coa remuda de 4×50 libre mixta, na que o noso equipo quedou no 5º posto.

O nadador Ramón Folch acadou o premio ó nadador masculino de máis idade.

Noraboa equipo por estes resultados!!

Medalleiro

Resultados