O equipo máster do Club Natación Arteixo continúa o seu camiño polos Campionatos Galegos, mellorando un posto na clasificación conxunta respecto á tempada pasada neste mesmo campionato, acadando o 8º posto. Asistiron 14 deportistas (Chus, Keti, María Muíño, María Oliveira, Patricia, Romina, Carmelo, Chema, Fran, Isaac, Javi Mella, Javi Mon, Ramón e Roberto. A competición foi en Ourense, na Piscina Rosario Dueñas, de 50 metros.
A Clasificación por clubs foi a seguinte: 10º posto na Masculina, 8º na feminina e 8º na clasificación conxunta. Participaron en remudas masculinas, femininas e mixtas, destacando nos seus resultados unha medalla de prata en 4×50 estilos +240 mixta.
A nivel individual hai que destacar as boas marcas de todos os compoñentes do equipo, acadando un total de 17 medallas (7 ouros, 4 pratas e 6 bronces).
Destacamos tamén os dous récords galegos máster de Ramón Folch, na categoría +80, nas probas de 50 libre e 50 costas, esta última feita na primeira posta da remuda de estilos.
A ilusión, a dedicación e o compromiso destes deportistas, está conseguindo que o Club Natación Arteixo siga a medrar no mundo da natación máster.
Noraboa por este novo gran campionato!!