Campionato Galego Máster

Esta fin de semana celébrase o Campionato Galego Máster en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur. Constará de tres sesións, sábado pola tarde e domingo mañá e tarde.

Asisten un total de 8 nadadores e 9 nadadoras do noso club. O equipo masculino estará representado por Carmelo, Gabriel, Javier Mella, Javier Mon, Manuel, Isaac, Ramón e Roberto, que participarán en 24 probas individuais e nas remudas de 4×50 libre e 4×50 estilos. No equipo feminino estarán Ana, Chus, Gloria, Jessica, Keti, María Oliveira, María Muíño, Patricia e Raquel, con un total de 24 probas individuais e as mesmas remudas. Entre os dous equipos participarán na remuda de 4×50 libre mixta en varias categorías.

Este equipo segue a competir esta tempada con todo o ánimo e ilusión ós que nos teñen acostumados, así que seguro que voltarán con grandes resultados.

Sorte e ánimo a tod@s!!

ConvocatoriasWeb do Campionato