Campionato Galego Máster

Moi bos resultados para esta representación do equipo Máster do Club Natación Sarval Arteixo nun dos eventos máis importantes da tempada, o Campionato Galego de verán, que se celebrou este fin de semana en Ponteareas. Con un total de 9 medallas, a mellora de marcas de tod@s, e un marabilloso ambiente de competición… que máis se pode pedir?

A Clasificación por clubs foi a seguinte: 14º posto na Masculina, 17º na feminina e 16º na clasificación conxunta. Participaron en 3 remudas, todas de categoría +160: nas remudas masculinas acadaron o 7º posto en 4×50 libre e o 8º en 4×50 estilos. Na remuda mixta de estilos acadaron o 7º posto.

A nivel individual hai que destacar que todos os compoñentes deste pequeno equipo baixaron as súas marcas persoais, acadando un total de 9 medallas (3 ouros e 6 pratas). Aínda que con esta categoría sempre cabe destacar o ambiente vivido durante a celebración da competición, a convivencia, a superación persoal, cada tempada novos retos, son un exemplo a seguir polos deportistas máis novos.

20160604_cto_gal_master

Carmelo, Chus, Gabriel, Iago, Javier e María… Noraboa por este novo gran campionato!!

Medalleiro

Resultados