Campionato Galego Máster

O noso equipo de categoría Máster viviu unha vez máis unha gran experiencia no Campionato Galego Máster que se celebraba esta fin de semana en Ponteareas. Con varios participantes que enganchaban dende o campionato de salvamento e algunha baixa, a motivación foi igualmente moi grande, acadando o 15º posto na clasificación conxunta (12º masculina e 19º feminina).

A verdade é que este grupo de nadadores xa nos ten acostumados ó pracer que produce mellorar e competir sen límites de idade, isto si que é un éxito deportivo… ademais, por suposto, dos 10 metais que acadaron en probas individuais, 3 ouros, 4 pratas e 3 bronces, para Darío, Gabriel, Carmelo, Iago e Adrián. Sen desmerecer as boas marcas de Javi, Manuel e única integrante feminina, Chus.

En canto ás remudas, participaron na categoría de +160 acadando o 7º posto en 4×50 libre e 6º en 4×50 estilos.

¡¡Noraboa EQUIPO e a seguir mellorando para a tempada de verán!!

Medalleiro

Resultados