Onte celebrouse en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur, de 50 metros, o Campionato Galego Máster de verán. O Club Natación Arteixo acadou o 15º posto na clasificación conxunta, acadando un total de 9 medallas. Foi unha xornada, coma sempre nas competicións desta categoría, cargada de ilusión e motivación.
Participaban un total de 8 deportistas defendendo as cores do Arteixo, 6 nadadores e 2 nadadoras. Chus, María, Carmelo, Diego, Gabriel, Javier, José Antonio e Manuel.
As clasificacións por club foron as seguintes: Masculina 10º posto; Feminina 16º e Conxunta 15º.
Acadaron un total de 9 medallas (3 ouros, 3 pratas e 3 bronces), e os seguintes postos nas remudas, 11º na remuda de 4×50 estilos mixta, 6º en 4×50 libre masculina e 6º en 4×50 estilos masculina.
¡¡Noraboa a este equipo!! seguide medrando, tanto en número de nadadores/as coma en ilusión, facedes ó Club Natación Arteixo máis grande.