Esta fin de semana é o turno da primeira gran cita da tempada para o Equipo Máster, o Campionato Galego de Inverno. Este celebrarase en Ponteareas, en dúas sesións continuas de sábado e domingo, nas que o noso equipo tratará de dar o mellor para defender ó noso Club.
Asisten un total de 10 deportistas, tres chicas, Gloria, Nerea e Raquel; e sete chicos, Adrián, Carmelo, Javi Mella, Olmo, Rafa, Rubén e Ramón. Teremos presencia nun total de 33 probas individuais e oito remudas. Poderemos estar atent@s ós resultados na páxina da FEGAN e a través do streaming do club anfitrión.


