Campionato Galego Máster

Esta fin de semana é o turno da primeira gran cita da tempada para o Equipo Máster, o Campionato Galego de Inverno. Este celebrarase en Ponteareas, en dúas sesións continuas de sábado e domingo, nas que o noso equipo tratará de dar o mellor para defender ó noso  Club.

Asisten un total de 9 deportistas, tres chicas, Inés, Sara e Raquel; e seis chicos, Javi Carril, Javi Mella, Manuel, Olmo, Rubén e Ramón. Teremos presencia nun total de 33 probas individuais e catro remudas. Poderemos estar atent@s ós resultados na páxina da FEGAN e a través do streaming do club anfitrión.

Web do CampionatoStreaming