Campionato Galego Máster

Esta fin de semana celébrase en Ponteareas o Campionato Galego Máster de inverno. Non teremos unha participación moi amplia, pero seguro que os asistentes suplirano coa súa alta motivación.

Será en dúas xornadas, sábado e domingo, con sesión de mañán e tarde. Poderemos participar en remudas mixtas, xa que asisten 5 nadadores, algún aínda premáster, e 3 nadadoras. Cristian, Rubén, Diego, Ramón, Carmelo formarán o equipo masculino, e Raquel e Xeila o feminino.

Poderemos estar ó tanto dos resultados case en directo na páxina da FEGAN que deixamos a continuación.

Ánimo e Sorte EQUIPO!!

Web do Campionato