Esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego de Inverno Junior e Copa Senior. O máis salientable, e que dende hoxe formará parte dos grandes logros de EQUIPO do Club Natación Arteixo, foi a clasificación por clubs de categoría junior, na que acadamos o 3º posto feminino, 5º masculino e 3º posto da clasificación conxunta.
Asistiron a este campionato un total de nove deportistas de categoría junior e nove senior, celebrouse en Ourense, na Piscina de rosario Dueñas, de 50 metros o sábado e domingo en dúas sesións. Obtivemos boas marcas, pero sobre todo cabe destacar un bo traballo de equipo, cos senior apoiando ós junior que loitaban pola súa clasificación de inverno. Pasamos a relatar máis detalladamente os resultados.
Obtivemos un total de 12 medallas individuais (3 ouros, 6 pratas e 3 bronces) e 3 medallas de bronce nas remudas junior femininas de 4×100 libre, 4×200 libre e 4×100 estilos. Os medallistas foron, Claudia Suárez, Eva Sánchez, Manuel Varela e Mateo García en probas individuais. O nadador junior Manuel Varela acadou mínimas para participar no Campionato de España nas probas de 50 e 100 costas.
As nosas remudistas laureadas foron, Claudia Suárez, Claudia Carballido, Eva Sánchez, Irene García e Nerea Asensio.
Por outra banda, o noso equipo senior foi un dos máis numerosos participando nesta competición, acadaron boas marcas, pero sobre todo unha boa experiencia competitiva en piscina de 50 metros, preparatoria xa para toda a tempada de primavera-verán na que esta distancia cobra total protagonismo.
Noraboa a tod@s polos resultados!!