Esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego de Inverno Junior e Copa Senior. Asistiron un total de 14 deportistas de categoría junior e 2 de categoría senior. O máis salientable, foi a clasificación por clubs de categoría junior feminina, con un 4º posto, na masculina quedamos no 16º posto e no 8º na clasificación conxunta.
O campionato celebrouse na Piscina de Rosario Dueñas, de 50 metros o sábado e domingo en dúas sesións. A nivel de grupo destacamos os postos acadados nas remudas, os nenos foron 11º en 4×100 libre, 13º en 4×200 libre e 12º en 4×100 estilos. O equipo feminino acadou o 7º posto en 4×200 e o 4º na remuda que clausura o campionato, a preferida do noso Club, no 4×100 estilos.
Obtivemos un total de 11 medallasen probas individuais (1 ouro, 8 pratas e 2 bronces). Os medallistas foron, Carla Rodríguez, Claudia Suárez, Eva Sánchez, Miriam Macías e Paula Rodriguez.
Os dous senior cumpriron o seu obxetivo de tomar medida competitiva en piscina de 50 metros, que lles servirá para toda a tempada de primavera-verán na que esta distancia cobra total protagonismo.
Noraboa a tod@s polos resultados!!



