Esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego de Inverno Junior e Copa Senior. Asistiron un total de 12 deportistas de categoría junior e 3 de categoría senior. Voltamos con bo nivel competitivo, moitas MMP en Piscina de 50, sete medallas, pero sobre todo motivados para seguir mellorando para facer aínda mellor a este Equipo Junior.
O campionato celebrouse na Piscina de Rosario Dueñas, de 50 metros o sábado e domingo en dúas sesións. Os senior asistían para ter a ocasión de nadar en piscina de 50. A clasificación Junior por clubs foi a seguinte, na masculina quedamos no 8º posto, 9º na feminina e 8º na clasificación conxunta.
A nivel de grupo destacamos os postos acadados nas remudas, os nenos foron 8º en 4×200 libre, 10º en 4×100 libre e 7º en 4×100 estilos. O equipo feminino acadou o 7º posto en 4×200 e o 8º nas remudas de 4×100 libre e 4×100 estilos.
Obtivemos un total de 7 medallas en probas individuais (1 ouro, 1 prata e 5 bronces). Os medallistas foron, Paula Rodríguez e Miriam Macías de 17-18 anos, e Iago Guitián e Alex Vicente de 16 anos.
Os tres senior cumpriron o seu obxetivo de tomar medida competitiva en piscina de 50 metros, que lles servirá para toda a tempada de primavera-verán na que esta distancia cobra total protagonismo.
Noraboa a tod@s polos resultados!!



