Esta fin de semana celébrase en Ourense, na Piscina Rosario Dueñas, de 50 metros, o Campionato Galego Junior e Copa Senior. O Club Natación asiste con un total de 18 deportistas en total, 8 senior e 10 junior que loitarán por deixar o nome do seu club no lugar máis alto posible.
A competición celebrarase en dúas xornadas con sesións de mañán e tarde, sen finais. Teremos presencia nun total de 64 probas individuais e as tres remudas junior femininas. O equipo sae esta tarde do venres para Ourense para adestrar na Piscina de competición. Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.
Poderemos estar ó día dos resultados na seguinte páxina.