Campionato Galego Junior e Copa Senior

Esta fin de semana é o turno de competición importante para o Equipo Junior do Club Natacion Arteixo, xa que se celebra na ourensana Piscina de Rosario Dueñas o seu Campionato Galego de Inverno. Este evento será tamén Copa Senior, ocasión para os nadadores desta categoria para competir en piscina de 50 metros.

O evento durará o sábado e o domingo en sesión de mañán e tarde, co calendario completo de competición. Seremos un total de seis chicos junior, Aarón, Diego, Iván, José Manuel, Ricardo e Santiago; e oito chicas junior, Candela, Carla, Catalina, Claudia Carballido, Claudia Suárez, Eva, Paula; e dous deportistas senior, Alba e Miguel. A nosa representación nadará un total de 60 probas individuais e as tres remudas do campionato, tanto masculinas coma femininas.

Poderemos estar atent@s ós resultados na páxina web do campionato.

Ánimo e Sorte a tod@s!!

ConvocatoriasWeb do Campionato