Campionato Galego Junior e Absoluto

Mañá, venres 26 de xuño en sesión de tarde, comeza en Pontevedra o Campionato Galego Junior e Absoluto de verán. Durará ata o domingo pola tarde e o noso club asiste con 13 deportistas, 8 que participarán como Absolutos, 3 como Junior, e 2 como Junior e Absolutos.

Poderíamos decir que o Club Natación Arteixo está acadando esta tempada a maioría de idade: celebramos os dez anos de historia; ascendemos a División de Honra e asistimos a este campionato, un dos importantes da tempada, con nove nadador@s maiores de 18 anos. O que sempre adestramos como futuro, témolo agora como competitivo presente. Sen olvidar a ese reducido, pero forte, equipo Junior.

Participaremos nun total de 24 probas femininas, 22 masculinas e 10 remudas.

¡¡Ánimo e sorte para este equipo que representará ó CNA esta fin de semana!!

Convocatorias

Web do Campionato