Campionato Galego Junior e Absoluto. Resultados

Rematou o Campionato Galego de verán de categorías junior e absoluto, con un gran éxito deportivo para todo o grupo de 20 deportistas que defenderon as cores do Club Natación Arteixo, e que deixan como resumen moitas MMP, 30 medallas (12 ouros, 5 pratas e 13 bronces), dous récords do Campionato de Mateo García, e postos moi destacados nas clasificacións por equipos, 2º posto conxunto en categoría junior e 4º en categoría absoluta.

Foi en Ourense dende o venres ata o domingo, celebrábanse dous campionatos no mesmo evento, o Campionato Junior, con Irene, Eva, Claudia Suárez, Claudia Carballido, Nerea, Pablo, Alejandro, Manuel e Mateo como protagonistas. Xuntos acadaron o 2º posto na clasificación conxunta, 2º na masculina e 3º na feminina. Destacamos nesta categoría  que tódalas remudas nas que participamos estivemos presentes no pódium. Bronce en 4×200 e 4×100 libre feminina, prata en 4×100 estilos feminina. Os postos do equipo masculino foron, prata en 4×100 libre, e bronce en 4×100 estilos. Destacamos para este grupo a mellora de marcas de tod@s, o que é un gran colofón desta tempada, e a evolución como grupo do que da conta a súa clasificación no campionato. Os medallistas foron, Mateo, Eva, Claudia Suárez, Manuel e Alejandro que obtiveron un total 13 medallas individuais, 5 ouros, 2 pratas e 7 bronces.

No Campionato Absoluto participaron: Eva, Ana, Alba, Nerea, Lucía, Claudia Suárez, Paula Rodríguez, Alejandro, Manuel Varela, Mateo, Miguel, Manuel Ruibal, Marcos, Rubén, Ricardo e Luis. Participaron en tódalas remudas do campionato, nas que o equipo masculino acadou o 9º posto en 4×100 libre, 6º en 4×200 libre, 7º en 4×50 estilos, 10º en 4×50 libre, e a gran sorpresa chegou como remate do campionato, xa que o equipo masculino acadou a 1ª medalla de remudas masculinas da súa historia con un bronce na proba de 4×100 estilos.

No caso do equipo feminino, loitaron en tódalas probas entre os postos máis destacados, finalmente foron prata en 4×200 libre, bronce en 4×100 estilos, 4º posto en 4×50 estilos e 4×100 libre, e 5º en 4×100 libre. A clasificación por equipos destaca pola regularidade, xa que acadamos o 4º posto na feminina, na masculina e na conxunta.

Tivemos presencia en 40 finais, que se nadaban nas sesións da tarde e que lle daban un gran ambiente competitivo ó campionato, Os nadadores e nadadoras absolutos con medalla foron, Mateo, Miguel Ángel, Manuel Varela e Alba, que obtiveron 9 medallas (7 ouros e 2 bronces).

Destacamos tamén os dous récords de campionato acadados polo nadador de categoría junior Mateo García Castro, en 400 libre con un tempo de 3.59.17, e en 800 libre, 8.16.35. Tamén acadamos novas mínimas de participación no Campionato de España junior, de Eva Sánchez na proba de 200 estilos, e de Mateo en 100 libre.

Pero sen dúbida, unha vez máis, o máis salientable do Campionato Galego foi o nivel competitivo xeral acadado por todo o Equipo, o gran ambiente de ánimo ós compañeir@s e a convivencia destes tres días pasados en Ourense. Recordando o ascenso a División de Honra, a asistencia ó vindeiro Campionato de España de seis deportistas e a participación de Paula Otero no Campionato do Mundo de Fukuoka e estes resultados en Ourense podemos decir que o Club Natación Arteixo tivo unha GRAN tempada competitiva.

Noraboa a tod@s polos resultados e Gracias por seguir mantendo ó CNA a este nivel, a tempada que ven máis e mellor...

MedalleiroResultados